- POR Roberto Vázquez
- PUBLICADO EN Sin categoría
- CON 0 COMENTARIOS
- Enlace Permanente a
- ESTÁNDAR Tipo de Documento:
«A innovación dáche as ferramentas para fidelizar clientes».
Samaca é un caso excepcional no sector da lousa. Mantén o 100 % do capital galego e leva máis de 50 anos combinando o traballo artesanal coa innovación tecnolóxica para ofrecer un produto de calidade. Referente desde as orixes na aposta pola sustentabilidade, o grupo entra agora na eficiencia enerxética cun novo sistema que leva a lousa tamén ás fachadas
Samaca naceu na mesma década das grandes folgas nas canteiras de lousa de Francia. Non foi casualidade. O desabastecemento do mercado galo a finais dos anos 60 polas protestas abriu as portas do negocio exterior aos produtores galegos. Ata entón, no negocio convivían unha chea de autónomos e familias que ían ao monte para coller a lousa con ferramentas bastante rudimentarias e vendíana logo para os tellados das súas localidades e outras veciñas.
Cando eses pequenos empresarios descubriron todo o potencial do seu traballo, xurdiron as primeiras cooperativas para unir forzas e profesionalizar a xestión. Ademais de Francia, o sector estaba claramente en declive pola perda de competitividade noutros países europeos onde a lousa era moi apreciada. “Unha grande oportunidade porque, para que o resultado do produto sexa excelente, hai que colocalo ben e neses mercados había coñecemento”, conta Rogelio López, presidente de Samaca. “As cooperativas foron crecendo –lembra– e transformáronse en sociedades anónimas porque a evolución da actividade, a lei e a fiscalidade requirían outra forma de organización.